Quixera Contarvos unha historia Dunha nena calquera Din que aconteceu na Galicia Ou aconteceu noutro lado Sería Turquía. A nena Abriu un día unha porta Tras ela había unha rifa O pai que xa daquela bebía Estaba moi agresivo E a nai que o sufría. Miña nai xa mo dicía Eu tamén o considero E o que non ten cabeza Para que quere o sombreiro? Ailale A mamaíña chámase Clara. A súa nena é a máis linda. A mamaíña chámase Clara. A súa nena é a máis linda. O pai Prometeulles poñerse ben. O home é certo non bebía. E mentres a nosa Clara vivía Belinda afogaba día tras día. E mentres ela medraba Máis protexida Dentro dunha gaiola tecida Polo pai O carcereiro. E se xa non tes cabeza, Para que quére-lo sombreiro? Non me tóque-la puñeta Non me tóque-la puñeta Que me dixo miña nai Que tocara a pandeireta Ilalelale