Kishore Kumar Hits

Budiño - Hoxe canto en Libertá lyrics

Artist: Budiño

album: Sotaque


(Non falemos dos bobos
Que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
Con cara de domingo;
Nin dos sapientes memos,
Nin dos túzaros listos,
Nin do eterno mal gusto
Dos probes novos ricos).
Falemos de tí e min
Xa que vivimos.
Tí i eu nos ventos
E nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
E nos ríos.
Tí i eu, historia
De corpos nidios.
Tí i eu, saudade
De álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo
Polo tempo que imos.
Tí i eu cantando,
Chorando e rindo.
Tí i eu nos ventos
E nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
E nos ríos.
Tí i eu, historia
De corpos nidios.
Tí i eu, saudade
De álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo
Polo tempo que imos.
Tí i eu cantando,
Chorando e rindo.
Cicais mañá
Cando a miña mirada
Non abrolle na luz
Como cativa mapoula de auga,
Veña a soedade.
Pero hoxe canto en libertá
E mentras canto
Non estou isolado,
Que o corazón vai comigo
E con il falo.
Beberei a paisaxe
Nun amencer de lirios.
As campanas do mar
Nos ventos fuxidíos.
Cada intre un paxaro,
Cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
Cortando a frol do vento.
Vivirei coma o lume
Alcendido na noite.
Terei cumios de estrelas,
Cantarei para os homes.
Tí i eu nos ventos
E nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
E nos ríos.
Tí i eu, historia
De corpos nidios.
Tí i eu, saudade
De álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo
Polo tempo que imos.
Tí i eu cantando,
Chorando e rindo.
Tí i eu nos ventos
E nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
E nos ríos.
Tí i eu, historia
De corpos nidios.
Tí i eu, saudade
De álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo
Polo tempo que imos.
Tí i eu cantando,
Chorando e rindo.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists