A miña burriña cando vai ó muíño, vai Toda enfariñada cheíña de frío Cheíña de frío e mais de xiada, ai A miña burriña sempre vai cargada (BIS) Esta noite hei de ir a verte Nena non me teñas medo (BIS) Déixame a porta trancada, ai Cunha palliña de centeo (BIS) A miña burriña cando vai ó muíño, vai Toda enfariñada cheíña de frío Cheíña de frío e mais de xiada, ai A miña burriña sempre vai cargada (BIS) Cando vou pro fiadeiro Non vou por fiar na roca (BIS) Vou a toca-lo pandeiro, ai Que esta noite a min me toca (BIS) A miña burriña cando vai ó muíño, vai Toda enfariñada cheíña de frío Cheíña de frío e mais de xiada, ai A miña burriña sempre vai cargada (BIS) E esta noite e maila outra E maila outra pasada (BIS) Abalei unha pereira, ai Que nunca fora abalada (BIS) A miña burriña cando vai ó muíño, vai Toda enfariñada cheíña de frío Cheíña de frío e mais de xiada, ai A miña burriña sempre vai cargada (BIS) A miña burriña cando vai ó muíño, vai