Vide. Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo. Vide Que vos convido a vos ver. Vén que te reto A te ver a ti desde ti en ti. Hasme oír, hasme oír Agora busco que conxugues Ben o verbo dos posibles. E que ti esquezas Esa radio de cousas previas Amarrada sempre aos pensamentos Sempre aos pensamentos. Incéndiate á calor da observación. E repasa logo a ollada No pouso dos afectos. ♪ Hasme oír, hasme oír Deixa que te percibas a ti, Que te percibas Tamén ti Atropelada das palabras, á procura de trazos que nos describan, Que nos describan. Intempestiva, Serse intempestiva. E domea-la furia E domea-la furia E domea-la furia á procura da froita madura. ♪ Á procura da froita madura. ♪ Vencerse é cousa de se tratar. Vencerse é cousa de se tratar. Vencerse é cousa de se tratar. Vencerse é cousa de se tratar. Vencerse é cousa de se tratar. Vencerse, vencerse, vencerse. ♪ Vide, que vos convido.