Hai un disco aí xirando. ¿Tamén nós, Ti cres, amor? Que va. Eu poño un pé no escaso mecanismo E se vés e imos Farei nada nesta casa que percorres Mesmo ata que nin saiba o reloxo da medida dos meus dedos. Brindo sen tino, Brindo sen tino pola sorte que me aconsella Fugarme en ti Dun mundo co que vou de sempre en guerra E para sempre.