Non me gustaban de nena os peluches E lembran meus pais Que non xoguei moito ás bonecas. Non me deteño a cociñar E na química das quimeras Rocei un xeito de delincuencia xuvenil. Un xénero feminino algo a desmán Das narracións para o ano en que nacín. E vés ti Agora, Primeiro imaxinado e xa querido, Logo presente Nestes cuartos a diario: Hai posible en ser muller Un privilexio imposible de transferir.