Dilúense as vértebras nos mapas Os plásticos arrolan extincións As cinzas tapizan o equinoccio É un valse de codicia e destrución Rebélanse á orde os meridianos O vento bica o aire e vén sen voz As árbores asfixian no pasado Chegan ecos de revolución Luz no furacán Furacán nun trebón Luz no furacán Furacán en nós As praias só existen baixo a auga Xa non hai castelos que habitar O lume asexa dende o horizonte Arde a terra e sobe o mar Os marcos sublímanse entre as lapas Os graos desdebuxan o compás Conxélanse os reloxos no solstício de verán O tempo vai parar Luz no furacán Furacán nun trebón Luz no furacán Furacán en nós Luz no furacán Furacán nun trebón Luz no furacán Furacán en nós Bicar a xeometría da esperanza Cortar cordeis de manipulación Construírmos xuntas unha nova terra Fuxir dos dementores do control Trazar os círculos dun novo imperio Coas árbores e os bosques latexar Volver ao pulso do teu epicentro Loita, terra e nai Luz no furacán Furacán nun trebón Luz no furacán Furacán en nós Luz no furacán Furacán nun trebón Luz no furacán Furacán en nós