Kishore Kumar Hits

Astarot - Luz de Breogán lyrics

Artist: Astarot

album: Baixo a Luz de Breogán


Escoito o zoar do vento no mar
E voces dun tempo que non voltará
Hai unha luz que sinte os teus latexos
Non sintas medo se chega o final
Érguete forte na luz de Breogán

Lembranzas dun verán, infancia bendita
Campos traballados con forza e suor
Xogando sempre ó pé dos carballos
Nun mundo máxico sen redencións
Vellos traballando de sol a sol

Festas do pobo, día sinalado
Mozas e mozos agardan beillar
Entre a xente alguén buscando
A das trenzas loiras con ollos de mar
Sempre presente a luz de Breogán

E voarán anduriñas nos eidos
Na primaveira da flor
E soarán as gaitas e os pandeiros
Sentimos dentro a nosa tradición
Sempre máis libres e cada dia mellor

E voarán anduriñas no vento
Na primaveira do amor
E voltarán os nosos sentimentos
Que nunca perdemos, sempre irán con nós
Así é a nosa nación

Escoito o zoar do vento no mar
E voces dun tempo que non voltará
Esta vida sinte os teus latexos
Sempre presente na luz de Breogán

Tardes de verán infancia bendita
Campos traballados a forza e suor
Xogan os nenos na rúa
E os vellos traballando de sol a sol
Voces dos druídas no vento
Aclaman o nome de Breogán
Prendeu a chama xa hai tempo
E non parará, xamais
Morren os pais medran os fillos
Na terra celta galaica do mar
Avanzar cara adiante na vida
Sempre buscando a luz de Breogán

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists