Sementar, sementarei, Loguiño de crarear, En tanto no pobo medre Un meniño, un vello e un cantar. ♪ Un meniño rebuldeiro Que fala na lingua nai, Que suba os pexegueiros A froita verde a roubar. Sementar, sementarei... ♪ Un vello que de consellos, Un rostro de fume e pan, Que conte contos os nenos Do cuco e do paspallás. Sementar, sementarei... ♪ Un cantar de redención, Un vello e novo cantar, Que troque a desolación Nun limpo e claro alborexar. Sementar, sementarei... ♪ Logo déixame morrer Entre dous regos, queimado, Cando veñan os solpores Dos homes esfameados. Sementar, sementarei...