Kishore Kumar Hits

Som do Galpóm - Morro por Dentro lyrics

Artist: Som do Galpóm

album: Galinha de Troia


E moita xente morre
E moita xente chora,
Os nenos teñen fame,
O goberno non escoita.
Os berros son máis fortes
E pregunta o por que,
O poder é tan covarde
Que non saben que facer.
Non entendo este comportamento
De gastar cartos en armamento
Con todo ese diñeiro podían producir
E mercar máis alimentos
Para borrar da terra tanto sufrimento.
Non deixes pra mañá,
Agora é o momento,
Só queda unha saída,
A esperanza segue viva.
Tiramos a comida
E debemos compartila
Con aqueles que non teñen
E son pobres, a precisan.
Axiña, que cambie esta política de policía
E os nenos poidan ve-la luz dun novo día,
Pararse a disfrutar por fin do que non tiñan.
Xogando son felices, as feridas cicatrizan.
Morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
E morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
Morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
E morro por fora,
Morro por dentro...
E moita xente en paro
E moita xente en folga,
Quedamos sen traballo,
O goberno non escoita.
Os berros son máis fortes
E pregunta o por que,
O poder é tan covarde
Que non saben que facer.
Fálanos de crise
E falan de reformas
E todo o que propoñen
Sempre vai na nosa contra.
Por quen vou a loitar
Se agora ninguén loita,
Se importan os ingresos
Mes a mes na túa conta.
Os gastos son maiores,
En dereitos se recorta,
O pouco que tiñamos conseguido
Pola borda.
O xefe xustifica
E despide máis barato,
A cousa está moi mal
E non temos máis traballo.
Todos son enganos,
Nin sequera protestamos,
Calamos coma parvos
Cando vemos o que cobramos.
Políticos deciden por nós
De cando en vez
Que segues tan pasivo
E che dan o que mereces.
Morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
E morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
Morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
E morro por fora,
Morro por dentro...
Morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
E morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
Morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.
E morro por fora,
Morro por dentro,
No fondo estou esperto
Vivindo un pesadelo.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists