A xente fala que será de ti, Vas quedar na casa como sigas así. A xente fala, non sabe que dicir. Distinta, diferente, hai xente pa' todo! Pasan os anos caladas, sumisas, Non consintas, non permitas. O teu corpo, os teus dereitos, Que ninguén decida por ti. A xente mola aínda que esté tola. Hai quen debe e hai quen bebe, Hai quen bebe porque debe E logo tamén deben o que beben. A xente fala, a xente cala. Hai xente mala que fala por falar, Leriando, enrredando, whatsappeando, Sen rumbo fixo como o vento. A xente fala, a xente cala. Estamos fartas de pagar, Xa estamos fartas de apandar, Seremos clandestinas nunca máis.