Deron os abecedarios A nova da túa morte, Meu vello can de palleiro, Meu vello can de palleiro, Abandonado da sorte. Un poeta sin fortuna Morto de morte matada Mentras soñaba coa terra, Mentras soñaba coa terra, Malferida a malpocada. A moura necroloxía Resultou ser unha trola Da xente anana e mezquiña, Da xente anana e mezquiña, A quen o teu verbo esfola. Xente á que debes decirlle Surrindo e sin acritude: Os mortos que vós matades, Os mortos que vós matades, Gozan de boa saúde. Pode o corpo ser vencido, Pode o dereito ser torto, Mais o lume que alampea, Mais o lume que alampea, Xamais o veredes morto.