Ando á procura dunha ollada súa Que me confirme a fé que teño nela E avanzo a cegas coa maior firmeza Noutra rebelión xusta que interna Nunha urxente esixencia de certezas Para este corazón revelde e zapatista Obrigado a loitar polo evidente Cunha serea furia Antiga e sabia Desde o amor que resiste ó que reprime Con ella por compaña como antes Ou eu só ben armado de nostalxias Deixareime invadir de sangue maia Para que retorne á sua propia terra Ou consiga vivir outras mil vidas En loita contra o mundo Se é preciso Crebándolle o pescozo E desviando á historia do seu curso Xunto coas mesmas víctimas De sempre