Kishore Kumar Hits

The Skarnivals - Foliada Verdescente lyrics

Artist: The Skarnivals

album: Movimiento Irracional


Cando o lume das lareiras aloumiña a vila enteira
E a noite ven da man tras o solpor.
Co vento acariñando ao teu carón, petan as animas nas portas.
Que nos colla aquí a estadea e a santa compaña enteira
Brindando con queimada coma irmáns.
Berrando: meigas fóra! co conxuro, no San Xoán.
Irmán, que serán, estes ventos que nos traen, o son da terra meiga,
Séntese a ledicia alá onde están.
Será o mar, será o ar, serán os carballos.
Irmán, que serán, que xa non podo marchar, que invádeme a morriña
Lonxe do fogar de Breogán.
Pode ser, abofé, o licor café.
Cando a folla do loureiro marca rumbo ao taberneiro
é o tempo de miudiño ir a cantar.
Se a vella fixo ben ou fixo mal, aló polo tempo dos mouros.
Ao compás dunha muiñeira, que nos dure a noite enteira,
Arroupados polo pracido luar.
Olla pra esa meniña, que riquiña! A onde irá?
Irmán, que serán, estes ventos que nos traen, o son da terra meiga,
Séntese a ledicia alá onde están.
Será o mar, será o ar, serán os carballos.
Irmán, que serán, que xa non podo marchar, que invádeme a morriña
Lonxe do fogar de Breogán.
Pode ser, abofé, o licor café.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists