Nun lugar moi lexos d'aquí Falase dunha vella historia Dun home mariñeiro que moreu no mar Seica todas as noites Inda se pode escoitar Os ghritos daquel home Antes de afoghar E a viúda dese home Todo-los días vai ó mar Ten tres fillos na casa Ten bocas que alimentar Inda ten medo a escoitar ó seu home ghritar Todo-los días vai onde seu home Non se puido salvar Súa muller cada día Vai andando ata o lughar Onde a morte do seu home Nunca pod(e)rá olvidar Ela lévalle flores Ela leva corasón Xa quiemado polas bághoas Ela cantalle unha cansión: "Volve logho meu cariño Volve logho d'onde estés Inda tes a porta aberta Pra cando quieras volver. Eu virei cada día Ata o día que morra Traéndote no recordo Levándote no corasón"