Somos amigos dos teus inimigos, Somos aqueles que tachan de antisistemas Na merda da televisión. Somos milleiros e centos de almas Que fusilaron na Guerra Civil. Non penso esquecer! Somos os fillos daqueles labregos Que traballaron de sol a sol Para darnos unha vida mellor. Pasando o tempo vaste dando conta Que somos máis pobres e outros más ricos A costa de nós. A transición foi un paripé! A constitución é papel mollado. A monarquía foi unha imposición. A democracia... non existe! Din por ahí Que o tempo pon as cousas no seu sitio Pero neste mundo parece que o tempo... Non ten sitio! A transición foi un paripé! A constitución é papel mollado. A monarquía foi unha imposición. A democracia... non existe!