Pode rebentar na súa totalidade Este planeta levando todo por diante, Pode ser mentira ou pode ser que non. Pode comezar unha nova guerra mundial, Podemos rematar o que nunca comezamos, Creo que saben e minten sobre a realidade. Hai unha pregunta que sempre nos fixemos: Para que nacer se despois hai que morrer. Hai algo aquí que non cadra, hai algo aquí que vai mal. Temos mil preguntas, todas sen respostas. A vida que pasa case sen darnos conta. Sobrevivir pa' seguir neste mundo, por que? Vive a vida día a día, Non deixes nada pra mañá, Non vaia a ser que non espertes do teu soño. Vive a vida día a día, Non deixes nada pra mañá, Non vaia a ser que non espertes do teu soño. Moitos traballaron toda a súa vida Sempre pensando na xubilación, De repente un cancro chega e todo rematou. Non sei onde imos, non sei onde estamos, Non sei que seremos nin onde acabaremos Pero pregúntome que facemos aquí. Vive a vida día a día, Non deixes nada pra mañá, Non vaia a ser que non espertes do teu soño. Vive a vida día a día, Non deixes nada pra mañá, Non vaia a ser que non espertes do teu soño.