Son tempos de miseria E a fame sempre apreta, Refuxiada na lareira Alí sempre se senta Na queima de problemas, Non pode máis Son tempos de miseria E os soños alimentan A falta de esperanza Pois nela nunca cabe O abandono e a fartanza, Ten cinco irmáns Espertarás dende un rincón Sabendo que hoxe Nada será igual E enterrarás todos os medos Que che impuxeron Xa fai tempo atrás Son tempos do fascismo Na cara se reflexa O inimigo está na casa Vixiados pola Igrexa E atrapados nun abismo Sen solución Son tempos do fascismo, Tempos dun longo inverno, A vosa luita e resistencia Soportan tantas ostias Como clases de violencia Por ser muller Chegou a democracia A igualdade nos papeis Camiñamos á desgracia Amparada polas leis Nun sistema patriarca Que non se ve. Despois de tanto tempo Afogando cada día Xa chegou o seu momento Comeza a nova partida, Con forzas e lamentos Xa sái o sol Espertarás dende un rincón Sabendo que hoxe Nada será igual E enterrarás todos os medos Que che impuxeron Xa fai tempo atrás "Por ser muller Roubáronche voz, Dignidade e orgullo. Por ser muller Arrincáronche o último alento. Por elas, hoxe Caemos e sabemos erguernos. Por elas hoxe non calamos E con elas facemos un camiño, Un camiño longo, Longo pero nunha soa dirección, Sempre, sempre cara diante. Por elas e por nós A loita continúa!"