Recordo aquela xente Saltando do escenario, Levantando o seu puño, Berrando contra o estado, Estado controlado Por ricos e banqueiros. Que no local de ensaio Queimámolos enteiros. Pasan os anos e nós Seguimos loitando, Cantando, berrando, Seguimos en pé, Seguimos en pé. Que nos ía dicir Que as nosas melodías Chegaran a espertar Conciencias durmidas? Durmido o noso pobo Durante tantos anos, Aprendemos a caernos Tamén a levantarnos. Pasan os anos e nós Seguimos loitando, Cantando, berrando, Seguimos en pé, Seguimos en pé. Pasan os anos e nós Seguimos loitando, Cantando, berrando, Seguimos en pé.