Como carallo me podes dicir Que a nosa música incita á violencia Cando levas media vida gobernando Escoltado por escudos e porras. A miña guitarra apunta Pero non dispara balas. A miña guitarra apunta Pero non dispara balas. As nosas letras disparan melodías, A policía pelotas de goma, Antidisturbios defendendo ó rico, Xa non entendo a palabra violencia. A miña guitarra apunta Pero non dispara balas. A miña guitarra apunta Pero non dispara balas. Pero algo teño que admitir, Que teño ganas de deixar de cantar Porque iso significaría A vosa derrota final. A miña guitarra apunta Pero non dispara balas. A miña guitarra apunta Pero non dispara balas.