Tentei mirar ó sol Agardando na parada. E vin marchar á luz Mentras todo se anubraba. Notei morer a historia Xusto cando ela empezaba. Non sei se era real Ou se todo o soñaba. Quedando preso Dun pesadelo. De orixes e fins De espectáculos que asustan. De odios, de mortes, De coitelos e amores. De guerras, de deusas, De angustias e vinganzas. De bágoas, de sangue, De pregarias e clemencias. De historias, de puntas E de orixes finadas.