Cada catro anos acórdome de ti, de ti A ver se espabilas! Se non fose por min que sería de ti? De ti e dos teus problemas! Cada catro anos acórdome de ti, si ti! E aínda terás queixa! Vótame, vótame mamón Vótame, vótame mamón... Ía tan tranquilo paseando polo guetto Como un rude-boy co seu sombreiro Ía tan tranquilo camiñando pola vida Cando me topei toda a movida O tipo falaba e falaba sen parar Vaia maneira de rallar Unha boa pedrada para facelo calar. Aí vén a policía! Hai que pirar! Vótame, vótame mamón Vótame, vótame mamón...