Kishore Kumar Hits

Ruxe Ruxe - Na Eirexa Do San Martiño lyrics

Artist: Ruxe Ruxe

album: Comercial


Na corredoira do inferno sinto o frío do inverno,
E as criaturas do averno danme xinebra e tabaco.
O rock&roll crucificoume, o whisky foi o meu pecado,
E ata o demo se pon firme cando me ten ó seu lado.
NA EIREXA DO SAN MARTIÑO,
EU PERDINME NO CAMIÑO...
Ennegrecín os meus pulmóns cada noite no almanaque,
E durmitei os meus sentidos deitado na herba do parque.
Queimei todos os aforros, paseei todos os vicios,
E arruinado e sen traballo, convertinme nun borracho.
NA EIREXA DO SAN MARTIÑO,
EU PERDINME NO CAMIÑO...
Escapei coma do lume, fuxín do teu velo branco,
E agardándome no altar os teus ollos moito choraron.
E o crego deume o seu responso cando non tiña remedio.
Porque agora en vez de voda celebrouse o meu enterro.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists