Kishore Kumar Hits

Ruxe Ruxe - Rock And Roll lyrics

Artist: Ruxe Ruxe

album: Xigantes


Estou farto de todo, ¡non me importa nada!
Teño o demo no corpo, e férveme a alma.
Xa destrocei cristais, xa queimei bandeiras,
E xa me parou o corazón unha semaniña enteira.
Nada me ensinaron os mestres na escola,
De pequechiño engancheime á coca-cola,
Nunca me fiei dos libros de historia,
Preferín tronzar muros coa miña cachola.
E eu QUERO ROCK AND ROLL
TODA A NOITE E TODO O DÍA
E xisquei os principios todos nun montón,
Fun idiota, crin na revolución,
E o vello con razón moito me ten berrado.
Meto os dedos nun enchufe e non dou espabilado.
E hoxe é mal día para o r&r,
O xugo deste arado non deixa ver o sol,
E levo os petos cheos de pedras, ogallá foran millóns,
Docamal miña raíña eu só che podo dar os meus beixos.
E eu QUERO ROCK AND ROLL
TODA A NOITE E TODO O DÍA
E virouse tola a maquinaria do reloxo,
Sacúdeme no peito se me quedo durmido,
Que aquí non cre en deus nin sequera o crego,
E xa adoece por mín o fodido burato.
- Victor Neira -

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists