Kishore Kumar Hits

Ruxe Ruxe - Anacos lyrics

Artist: Ruxe Ruxe

album: Xigantes


Dei voltas sobre a miña propia cabeza
Cando me lancei en picado
E despois esquecín ata a hora que era
E perdinme en pensamentos cos meus ollos pechados.
E petei cos meus osos contra o chao unha e outra vez
E pensei tantas cousas, tantas cousas cavilei
Que entretanto ó frío chanacostumei.
E rompín en cachiños
Cada pedazo de min,
E desfíxenme en anacos,
De todo me descosín, (de todo me consumín)
E espertei unha tarde na que todo estaba a escuras,
Nun burato no que as toupas me facían compañía
E encendín unha cera para tentar coa baralla
Solitarios imposibles que endexamais terminaba
E falei con pantasmas que a mente imaxinaba,
E cos pés ben coutados non fose que toleara,
Ata que un día o demo polo baixo me chamara
Para que as ascuas do inferno os meus osos me quentara
E agora xa son auga, xa son cinza, xa son aire,
Agora son regato, son atmosfera, son home,
E agora xa son peixe, xa son terra, xa son ave,
E agora xa son vento, son semente, xa son mare.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists