Cae choiva aceda sobre a miña cabeza, Quenta o efecto no centro do cerebro. Xa non se recoñece dende a fiestra esta paisaxe, Predicade a fin do mundo que non hai volta desta viaxe. ...o aire é irrespirable, A atmosfera aperta a miña claustrofobia, O tempo é unha pistola, Co punto de mira na miña cabeza... ...non hai, non hai solución, Debaixo deste ceo non hai solución... O lume vermello queimará os recordos, Cinzas escuras serán meus restrollos. Xa non se recoñece dende a fiestra esta paisaxe, Predicade a fin do mundo que non hai volta desta viaxe. ...o aire é irrespirable.