Terra enfronte, mar en diante, Fan camiño para o emighrante, E na aldea criando os netos Quedan as vellas, quedan os vellos. E os invernos fanse moi longhos, Ollando os mapas que dan os maestros, Xoghando ós barcos con cascas de noces, Soñando viaxes, soñando encontros. E ó lonxe, na distancia, unha bághoa na meixela, E ó lonxe na distancia, a gherra contra a miseria. E aghardando no peirao do porto, O corazón non lle cabe no corpo, E esta noite hai tormenta no océano, Hoxe chora de mághoa o ceo. E é difícil poder entendere Nunha terra tan rica ser pobre, E é difícil poder comprendere Como alghén merece este male. E ó lonxe, na distancia, unha bághoa na meixela, E ó lonxe na distancia, a gherra contra a miseria