Aquí abaixo ás escuras Magoan as feridas E vai morrendo a esperanza Fronte ós puntos de mira... Aquí o vento é un preso, A liberdade mentira, E o alimento é a miseria Que lles sobra ós de arriba... E nunca para o traballo Na fábrica de escravos Cos grillóns nos nocellos, Con cadeas e cravos. E a multinacional Mentres vende ataúdes, E é un ben capital O enterro dos pobres... E non sei cara a onde Levarán estes pasos, Se comeza o combate Que pintan estes trazos. E eu hei morrer matando Antes que estar calado, Ante esta escuridade Que me está consumindo...