Mariñeiros á ventura, Dunha noite atreboada Que cecais non te retorno A ningunha madrugada. Mariñeiros que navegan Percurando a pesca incerta O armador en terra firme, Dorme namentras espera A muller do mariñeiro Agarda mentras, desperta ó carón dun lar sin lume; Zoa o vento sobre as tellas. O mariñeiro pelexa No medio e medio do mare, Co vento que peta firme, E fai o barco abalare. No medio e emdio da noite O armador dorme agardando, Agarda-esperta a muller, E o mariñeiro loitando E choran sete mulleres No medio e medio do día, Na noite do mar revolto Sete homes se perdían. O armador xura de rabia, No medio e medio do día, Na tempestade da noite Un barco a pique se iba. Pola mañán desgonzados, Sete corpos sobre a praia, Sete mariñeiros mortos, Bébedos de auga salgada. Na tarde tocan campás O repinicar da morte, Mentras tanto sae o mar Outro barco con sete homes.