Meu amor é mariñeiro E vive no alto mar; Son os seus brazos o vento Ninguén llos pode amarrar. Meu amor é mariñeiro E cando me ven falar Pon un carabel nos beizos No corazón un cantar. EU SON LIBRE COMO AS AVES E PASO A VIDA A CANTAR; CORAZON QUE NACE LIBRE NON SE PODE ENCADEAR. Traio un navío nas veas Eu nacín pra mariñar; Quen tente porme cadeas Háme primeiro matar! Vale máis ser libre un día No confín do bravo mar, Que vivir todad a vida, Preso, escravo e a calar! El vive alá lonxe, lonxe, Onde brúa o bravo mar, E coa súa forza inmorrente Onda nós ha de voltar! EU SON LIBRE... ♪ Nun momento, de repente, ♪ Eu sei que un día virá, Como se o mar e o vento, En nós abrise a cantar. HEI PASAR POLO LUGARES COMO O VENTO NO AREAL ABRIR TÓDALAS VENTANAS COA ESCRAVITUDE ACABAR! Polas rúas das ciudades Hei de pasar a cantar, Traguendo na mau direita A espada da libertá. Como se un navío entrase De supeto, na ciudá, Traguendo a voar no mástil Bandeiras de libertá! HEI PASAR POLO LUGARES COMO O VENTO NO AREAL ABRIR TÓDALAS VENTANAS COA ESCRAVITUDE ACABAR!