Kishore Kumar Hits

Fuxan Os Ventos - Cantiga de Berce lyrics

Artist: Fuxan Os Ventos

album: Terra de Soños


Durme meu neno, durme,
Sen máis pranto,
Que o tempo de chorare,
Vai pasando,
Que a terra na que vives,
Non quer bágoas,
Precisa homes enteiros
Pra libertala.
Durme meu neno, durme,
Colle forzas,
Que a vida que che agarda,
Pide loita.
Recollera-lo froito
Sementado,
No inverno escuro e frío,
No que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
Que xurde dende a historia, dende o sono,
Un sono cheo de aldraxe e miserento,
Un sono cheo de aldraxe e inxustizas e silencio.
Mira a lingoa que falo, despreciada,
Por ser lingoa de probes, lingoa escrava,
Son un orgullo que temos, lingoa e probes.
So eles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, neste colo,
Que esta terra de escravos non ten odio.
Ten séculos de espranza, agardada,
Que pon fillos que amanta.
Durme meu neno, durme,
Sen máis pranto,
Que o tempo de chorare,
Vai pasando.
Que a terra na que vives,
Non quer bágoas,
Precisa homes enteiros,
Pra libertala.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists