Kishore Kumar Hits

Fuxan Os Ventos - Muiñada lyrics

Artist: Fuxan Os Ventos

album: Terra de Soños


Era unha noite de chuvia e de frío
A que eu pasei, no muiño do río!
Toda contenta empece a cantar,
Pra non ter medo á noite pasar!
Dum, dum, petan á porta,
Saio a correr:
é Marquexiño
Que viña moer!
Viña cun conto, levado do demo
Cousas que as mozas,
Moitas non queremos!
O pillo decía: eu quero moer,
No muiño do río, oxe tén de ser!
No meu muiño non moe ninguén
Tódos o queren porque moe ben!
Que moe ben, dirano os tolos,
Pro, polo visto, non moe para todos!
E se ti queres, pra mm moerá
E se non queres xa che pesará!
E, se me pesa, hei de pousar
Pero, por ti, non he de chamar!
Pero Marquixo, como é "caradura
Fóise achegando e colleume a cintura.
Eu teño xenio, logo me enfadei,
Co aliviadoiro, no lombo lle dei!
Botéino fora, e cerreille a porta
Porque pensei que lle daba unha volta.
Pobre Marquixe, qué mal lle saleu,
Que levou na chepa, e mais non moeu!

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists