Dame lume, Xoana, Polo vertedeiro, Se non me conoces: Eu sonche o ferreiro. Se tí é-lo ferreiro, Sube pró sobrado; Comerá-lo caldo No medio ferrado. No medio ferrado, Non-o quero nin vere Eu teño un canciño, larincuncún, Que xa me mantén! E UN CANCIÑO NON HAI QUE QUEIRA LARICUNCUN CORRE-LA FREIXEIRA! Se tés un canciño Que xa te mante: Por qué me andas tentando O meu procedere?! O teu procedere, Xa o teño tentado; Ti por ben mo dabas, E eu viña roubalo! Se viñas roubalo, íbalo sudare, Que no meu sobrado, laricuncún Tamén ladra un cán! E UN CANCIÑO NON HAI QUE QUEIRA LARICUNCUN CORRE-LA FREIXEIRA!