Por unha noite de séculos Corrian tres feros galgos, Tres feros galgos da noite Afiados coma dardos. Un lobo de ollos de lume Tras deles iba avanzando; Levaba luz nos seus ollos, Luz de días agardados. Entrando en terra de soños, Iban os soños cantando; Corre, lobo de esperenzas, Brinca muros e valados, Que eses tres galgos de noite Queden vencidos e escravos. Ponte de luz as estrelas Con nova forza alumaron; Os galgos corrian ben, Mais o lobo iba enirado E nun recanto de lume, Matounos de tres zarpazos. E os rios cantarona coro Un canto nunca cantado O horizonte abríuse en cantígas Por un craro navallazo, E u ceo foi outra vez Un ceo azul e mais branco.