Sementar sementarei, Loguiño de crarear, En tanto no povo medre Un meniño, un vello e un cantar. Un meniño rebuldeiro Que fale na lingoa nai Que suba nos pexegueiros A fruta verde a roubar. Un vello que de consellos Un rostro de fume e pan Que conte contos ós nenos Do cuco e do paspallás. Un cantar de redención Que toque a desolación Nun limpo e craro alborear. Logo, deixáime morrer, Entre dous regos, queimado, Cando veñan os solpores Dos homes esfamiados.