En los jardines del rei Hai unha herba encantada Toda muller que a come Logo queda embarazada. Mañanciñas de San Xoán Doña Eusenda madrugara, En los jardines del rei Comeu da herba encantada. De alí a moi pouco tempo Le recachaba la enagua Cando iba para la misa Su padre la reparaba: -Tú que tienes Doña Eusenda Que te recacha la enagua O tienes el mal de aldrope Ou tu te alcontras preñada.
-Nin eu teño o mal de aldrope Nin eu me alcontro preñada Foi o mal das augas frías Bebidas na madrugada. ♪ Chamoulle dous ciruxanos Dos máis sabidos de España Un repáralle o pulso Outro repáralle a cara, Os dous dícenlle á unha: "Doña Eusenda está preñada". -Que o sexa, que non o sexa O Rei que non sepa nada Que si el Rei padre lo sabe Teño la muerte xurada.