Elas eran tres comadres A sarandilleira E dun barrio todas tres Sarandilla andare, sarandilla aié. Fixeron unha merenda Para ir ó San Andrés. Unha puxo trinta ovos Para cada unha dez. Outra leva unha empanada De tres codos a un través. Outra leva un pelexiño De dous cántaros a tres. Aló pola media noite Veu o marido da Inés. E dinlle todas á unha E ti aquí ¿para que vés? Pra facer unha merenda Ben chegamos no-las tres.