Verán un caso chocante Nas montañas do Cebreiro, Como unha nena ben feita Que casou con un gaiteiro. El chamábase Cristobo E un día vendeu a gaita, Enfadouselle a muller Seica lle facía falta. Pois non te enfades muller Porque che vendín a gaita, Vendina por que era vella E estaba toda estragada. Pois boa cousa fixeche, ¡seica te tentou o demo!, Xa te podes marchar da casa Que eu sen gaita non te quero. Ó outro día o Cristobo Veu ó escurecer pra casa, Saíulle a muller á porta Por ver se traía a gaita. E en canto lle víu a nova Botoulle a man ó punteiro. ¡Esta si que é graciosa!, Tiruliru meu gaiteiro. E a outra nena pasoulle Outro caso parecido Que casou cun rapaz Que sempre estaba dormido. Tan pronto que se deitaba Xa se poñía a roncar E ela desesperada Poñíase a rezar. E así pasaron tres meses Sempre da mesma maneira O rapaz ronca que ronca A nena reza que reza. Pero ó cabo deste tempo A probiña da rapaza Psaoulle a man despaciño E viu que non tiña nada ¡Vaia por Dios!, dixo ela, Que me vexo en bon apuro, Nunca pensei que houbera Homes tan probes no mundo. Así que ¡ai rapaciás! ¡ai as que estades solteiras! Hai que rexistrar ós mozos Igual que ás vacas na feira.