Zapatos de chiculate Tenos a miña cadela Pra leva-las ovelliñas ás feiriñas de Nadela. Aló ven o gaiteiro Por detrás do pinar Hastra os pinos lle axudan á gaitiña a tocar. Indo eu pra non sei donde Vendo eu a non sei quén, á porta de, xa me entendes... Non me poido acordar ben. Andivecheste alabando Polos muiños moendo, Que te casabas comigo E iso era en eu querendo. A rula vaise queixando, Que lle levaron o niño, Que che mandou facer rula Tanto á veira do camiño. Algún día ben pensaches Do meu corazón ter froles. Agora vai ós codesos, Que chos hai nos arredores.