Kishore Kumar Hits

Fuxan Os Ventos - Cara Á Libertade lyrics

Artist: Fuxan Os Ventos

album: Sementeira


Reclamamos por galegos
ós nacidos na lameira,
ós que na dorna lixeira
Arrincan peixe do mar,
ós que no andamio e no xunque
Teñen o progreso escravo,
Os que tronzan co arado
A terra pra facer pan.
Somos nós xente que leva
Un facho na noite escura,
Xente que vai á procura
Da súa historia virar.
Séculos de fame xorda
Na noite pecha perdidos,
Afogando a pena en viño,
Sen lume pra nos quentar,
ó lusco co sacho ó lombo
Pra xantar pan e touciño,
Co corpo morto, doído,
Sempre do carro a tirar.
Aldraxados, iñorantes,
Pobo sin lei, divididos,
Do sangue roxo vencido
Os caciques a zugar.
Do fondo da nosa noite,
Da moura noite dos tempos,
Zoan hoxe novos ventos,
Os ventos da libertá.
Homes de tempos perdidos,
Tí labrego, tí obreiro,
Tí gandeiro, mariñeiro,
Poñeivos a camiñar.
Somos nós e soio nós
Os donos do noso siño,
Abrindo un novo camiño
Na busca da libertá.
La la ra la la la la la
La la ra la la la
La la ra la la la la la
La la la ra la la la
La la ra la la la la la
La la ra la la la
La la ra la la la la la
La la la ra la la la

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists