Kishore Kumar Hits

A Quenlla - Guerrilleiro lyrics

Artist: A Quenlla

album: Na Señardade - A Quenlla Canta a Manuel María


Guerrilleiro da patria asoballada
Famenta de verdade,
De verdade de vasoira.
A túa palabra
Anuncia mañás loiras
E colleitas de luz,
De luz na madrugada.
Ti tiñas primaveiras lembradoiras
E da vida fixeches,
Fixeches dura espada.
Pra loitar pola patria camarada
Que silencio sen ti,
Sen ti nas corredoiras.
Unha terra de nos
Era o teu norte,
Un pobo traballador,
Traballador, ledo e varil.
Unha conciencia
Viva, alerta e forte
E abatiute unha bala
Unha bala cega e vil.
E nós, que choramos a túa morte,
Empuñaremos tamén,
Tamén o teu fusil.
Pra loitar pola patria camarada
Que silencio sen ti
Sen ti nas corredoiras.
Guerrilleiro da patria asoballada
Famenta de verdade,
De verdade de vasoira.
A túa palabra
Anuncia mañás loiras
E colleitas de luz,
De luz na madrugada.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists