Imos estando por aquí Levamos séculos aquí, Neste sen norte. Con esta fala i este ser Con este eterno escurecer, Con esta noite. Vimos do fondo de vagar Sen intención de renunciar, Ás madrugadas. E seguiremos por aquí Eternamente por aquí, Fato de mentes aluadas. Pois procuramos unha luz, A nosa historia e esa luz, Que non se apaga. A luz de ser chegando a ser Un camiñar de pobo e fe, En alborada. I arredaremos dunha vez O voso noxo o voso fel, Que nos desnorta. O voso odio cara nós Odio tamén de vós pra vós, Guerra de idiotas. A matria clama corazón En liberdade na razón, Do sufrimento. Vós reclamades pervivir No privilexio de esixir, Sometemento. Nada vos queda por facer A vosa teima fai crecer, A nosa loita. Sempre volvemos renacer Sempre xurdimos outra vez, Tras mil derrotas. E aquí estaremos ó final En pé de matria comunal, Coa luz á porta. Con esa luz que nos negou Tanta mentira que borrou, A nosa historia. Imos estando por aquí Levamos séculos aquí.