Un día despertou en min Nas aforas da vontade da razón, Unha paixón da que non puiden fuxir. Padecía, miña amada, de non terte, Pintei soños xunto a ti E na noite, baixo a lúa das estrelas, E na noite, na túa ausencia anoitecín. Un día namorei, De ti quedei preso para sempre, meu amor, Foi por saber, por saberte xunto a min. E os dous xuntos, miña amada, Descubrimos os segredos deste engado Pois detrás do amor non hai máis nada, é que na vida anda errante quen non ama.