Un paso adiante E outro atrás, Galiza, I a tea dos teus soños Non se move. A espranza nos teus ollos Se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar De navíos moi lonxanos Che estrolla o sono mol Como unha uva. Pro tí envólveste En sabas de mil anos, I en sonos Volves a escoita-la chuva. Un paso adiante E outro atrás, Galiza, A tea dos teus soños Non se move. A espranza nos teus ollos Se espreguiza. Aran os bois e chove. Traguerán os camiños Algún día A xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, E toda a cousa Ha de pagar seu desmo. Desorballando Os prados coma sono, O tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, Suco a suco, o Outono. Un paso adiante I outro atrás, Galiza! Un paso adiante E outro atrás, Galiza, I a tea dos teus soños Non se move. A espranza nos teus ollos Se espreguiza. Aran os bois e chove. Aran os bois e chove.