Kishore Kumar Hits

A Quenlla - Emigración lyrics

Artist: A Quenlla

album: 30 Anos con A Quenlla. De Amor, Dor e Loita


Cando nas noites de luar caladas
ía unha estrela polo ceo correr,
Dicía: miña nai, coas maus direitas,
Deus te guíe con ben, deus te guíe con ben.
Dende entón,
Cando vexo que un galego
A terra deixa onde infeliz naceu,
Lle achego, "busca noutras praias" digo,
Guíete deus tamén, guíete deus tamén.
Que aquel que deixa o seu natal curruncho
E fora dos seus eidos pon os pes,
Cando troca o seguro polo incerto,
Motivos ha de ter, motivos ha de ter.
Preguntaille e diravos que sin remo
O milleiral, o lume sin cardés,
Sin herba, o gando e sin traballo
Home non se pode manter, non se pode manter.
Diraivos, si, que é pouco canto ganan
Das arcas do señor e pra as do rei,
Fai un mes que non comen cousa quente
Os fillos e a muller, os fillos e a muller.
Quen sodes vos, chorosos niquitates,
Ruís louvadores dun poder crudel
Que as alas d'ouro dun esprito libre
Agrillo ar querés, agrillo ar querés.
Que lle ofrecedes na nativa terra
A ese que a cruzar vai mares de fel,
Resignación, con ela non se come,
Non lle vas dar fel, non lle vas dar fel,
Non lle vas dar fel, non lle vas dar fel.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists