Kishore Kumar Hits

A Quenlla - Avec moito love lyrics

Artist: A Quenlla

album: Terra


Trompetas!
Se en contra de estar en contra,
En contra da contra estás,
En CAGLI te han axudar,
En CAGLI te axudarán.
Que as contras que están en contra
Non están ben "asentás",
Se en contra de estar en contra,
En contra da contra estás.
Que algo vai mal, CAGLI!;
Que a cadela é can, CAGLI!;
Que algo non vai ben, CAGLI!;
Que fas ti co meu?!
Se se impón outra opinión,
A túa é sempre mellor.
En CAGLI terás consolo
No medio da gran dolor.
Calquera suposición
En "Cartas ao director".
Se se impón outra opinión,
A túa sempre é mellor.
Se tes falta de ignorancia
E orneas con elegancia
En CAGLI con abundancia,
En CAGLI abundante has ser.
Que hai clases de estupidez
E burros con elegancia
Se tes falta de ignorancia
E orneas con moita gracia.
Quen vos dixo tal?, CAGLI!,
Madía vos levou!, CAGLI!
A cada un o seu, CAGLI!,
Di o que roubou.
Se a liberdade defendes
Dos libertinos a eito
En CAGLI libre te sintas
Pero lonxe deste xeito.
Se tanto amades o alleo
Sodes libres de marchar.
Se a liberdade defendes,
Es ben libre, vaite xa.
Tanto che me ten, CAGLI!
Que burriño estás!, CAGLI!
Tanto che me ten, CAGLI!
Afiliate xa!
Pobriños os pobres pobres
Que inxusta xustiza fan,
Habémolos educar
En CAGLI con moito amor.
Non saben os pobres parias
Que con Franco era mellor,
Pobriños os pobres pobres
Con Franco vivían mellor.
Vai soprar a luz, CAGLI!,
Que te poden ver, CAGLI!
Vai soprar a luz, CAGLI!,
Aghachate ben.
(Veña, veña, que se acaba!)
Ímonos!

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists