Kishore Kumar Hits

A Quenlla - Irmau daniel lyrics

Artist: A Quenlla

album: As Nosas Cancions II


A patria vai desterrada
Nun barco polo ancho mar
E un vento lurpio de sangue
Afoga en sangue o teu lar.
Morte ao inxenio, morte a vida
Cando estaba a despertar,
Dun longo sono de tébra,
Galicia volve a calar.
A patria, oh dona, máis sangue,
A túa semente un cantar.
Recorre os montes e as chainas
Coa esperanza a navegar.
Escuras noites de neno
Un amigo que nos da
Folliñas que abren os ollos
Desde o outro lado do mar.
(Verso)
A terra fíxose nel verbo harmonioso
Transubstanciada en música para darnos
A dimensión exacta dos camiños,
Dos ventos e solpores,
Das mañás transparentes
E das escuras noites de intrahistoria.
Pasade caladiños,
Estades diante a fala,
Descubrídevos.
Ti xa morto e no silencio,
Polo medio o ancho mar,
Os bos fillos de Galicia
Aprenden en ti a loitar.
Irmao Daniel ti sabías
Que ninguén pode matar
O amor con que os ben nacidos
Aloumiñan a súa nai.
Agora traente de volta
Cos teus hastra Bonaval
Cómplices maus de silencios
Que mudaron pra medrar.
Tarde ou cedo,
Algún día,
Nas aldeas
Na ciudá,
O pobo que aínda adormece
Há coñecela verdá.
Que a patria vai desterrada
Nun barco polo ancho mar.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists