Ahi ven o maio De frores cuberto Puxéronse a porta Cantándome os nenos Os puchos furados Pra min extendendo Pedíronme crocas Dos meus castiñeiros ♪ Pasai rapaciños Calados e quedos Que o que é polo de hoxe Que darvos non teño Eu son voso probe O pobo galego Pra min non hai maio Pra min sempre é inverno ♪ Cando eu me atopare De donos liberto Que o pan non mo quiten Trabucos e préstemos Que, como os do abade Frorezan meus eidos Chegado habrá entón O maio que eu quero ♪ Queredes castañas Dos meus castiñeiros Cantádeme un maio Sin bruxas nin demos Un maio sin segas Usuras nin preitos