O bravo cóndor andino Pergunta por seu irmán. Triste yanqui zugapovos, Lurpio, voraz tio sam, Dime que foi, que fixeche Do arriscado capitán. O bravo cóndor andino Pergunta por seu irmán. Torvo xeneral barrientos, Fociño de lubicán, Dime que foi, que fixeche Do arriscado capitán. O bravo cóndor andino Pergunta por seu irmán. Duro soldado sumido Nunha noite de alquitrán, Dime que foi, que fixeche Do arriscado capitán. O bravo cóndor andino Pergunta por seu irmán. Manso aborixen que morres Sin defender o teu pan, Dime que foi, que fixeche Do arriscado capitán. O bravo cóndor andino Pergunta por seu irmán. Sementárono no vento Cunha chaga en cada man, Mais as mapoulas do abrente Axiña frolecerán. O bravo cóndor andino Pergunta por seu irmán.