Galicia docemente Está ollando ó mar: ¡ten vales e montañas E terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros Cidades e labregos ¡cargados de traballos Cargados de trafegos! Galicia é unha nai Velliña, soñadora: ¡na voz da gaita rise, Na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: A terra o mar, o vento... ¡pro hai outra galicia Que vai no sentimento! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la!